Hábitos Saúdables

Os hábitos saudables non só melloran a saúde física: tamén son unha ferramenta fundamental para manter unha boa saúde mental. A mocidade enfróntase, cada día, a presións académicas, sociais, laborais e emocionais que poden xerar ansiedade, cansazo mental ou sensación de sobrecarga.

Neste contexto, establecer rutinas positivas e sostibles convértese nun apoio esencial para manter o equilibrio e afrontar os retos cotiáns con máis enerxía e claridade. Incorporar pequenos xestos diarios —como descansar o suficiente, manter horarios regulares, alimentar o corpo de forma equilibrada ou dedicar tempo a actividades que aporten calma e pracer— pode marcar unha diferenza significativa na calidade de vida. Ademais, estes hábitos axudan a crear unha base sólida de autocuidado que permite á mocidade coñecerse mellor, xestionar o estrés de maneira máis eficaz e construír unha maior resiliencia fronte ás dificultades do día a día.

1. Prioriza o descanso

Dentro dos hábitos saudables, urmir entre 7 e 9 horas axuda a regular as emocións, mellorar a memoria e reducir a ansiedade.

Consellos prácticos:

  • Evita pantallas 1 hora antes de durmir.
  • Mantén horarios regulares, mesmo nas fins de semana.
  • Crea un ambiente tranquilo e escuro no dormitorio.

2. Fai exercicio físico regularmente

O exercicio é otro dos hábitos saudables; libera endorfínas, substancias químicas naturais do cerebro que actúan como potenciadores do benestar, mellorando o ánimo e reducindo de maneira notable os niveis de estrés.

Cando nos movemos —xa sexa camiñando, correndo, practicando un deporte ou facendo unha actividade suave como o ioga— o corpo activa estes “analxésicos naturais”, que xeran unha agradable sensación de alivio e relaxación.

Ademais, a actividade física axuda a desconectar da rutina diaria, favorece un descanso máis reparador e contribúe a reducir a tensión acumulada no corpo. A longo prazo, manter unha práctica regular non só fortalece o estado físico, senón que tamén ten un impacto moi positivo na saúde emocional, axudando a mellorar a autoestima, a claridade mental e a capacidade para afrontar situacións estresantes.

és.

Ideas sinxelas:

  • Caminatas de 20-30 minutos.
  • Estiramentos ou yoga na casa.
  • Deportes en grupo para socializar e manterse motivado.

3. Coida a túa alimentación

A relación entre alimentación e saúde mental é máis forte do que pensamos, xa que o que comemos inflúe directamente no funcionamento do cerebro e no equilibrio emocional. Unha dieta variada e rica en nutrientes é otro dos hábitos saudables, e pode favorecer unha mente máis clara, estable e enérxica, mentres que unha alimentación pobre ou desequilibrada pode contribuír ao cansazo, ás dificultades de concentración ou ás alteracións do ánimo. Certos nutrientes —como vitaminas do grupo B, ácidos graxos omega-3, minerais e antioxidantes— desempeñan un papel clave na produción de neurotransmisores implicados no benestar, como a serotonina.

Por iso, incorporar alimentos frescos, froitas, verduras, legumes, froitos secos e proteínas de calidade non só beneficia o corpo, senón tamén a nosa saúde emocional a longo prazo. Ademais, manter horarios regulares e evitar excesos axuda a estabilizar os niveis de enerxía e a reducir a irritabilidade, favorecendo un estado mental máis equilibrado.

Alimentos que axudan:

  • Froitas e verduras frescas.
  • Peixe azul (rico en omega-3).
  • Froitos secos e sementes.
  • Auga abundante: a hidratación é clave.
alimentación hábitos saúdables
Photo by Anna Pelzer

4. Practica técnicas de relaxación

A relaxación axuda a reducir a tensión e manter a mente en calma e é outro dos hábitos saudables.

Técnicas recomendadas:

  • Meditación guiada.
  • Respiración profunda (4-2-6).
  • Relaxación muscular progresiva.

5. Xestiona o uso das redes sociais

As redes poden ser útiles, pero tamén xerar comparacións, ansiedade e dependencia.

Propostas:

  • Establece tempos de uso.
  • Silencia contas que non che fagan ben.
  • Prioriza interaccións reais cando sexa posible.

6. Mantén unha rutina equilibrada

Organizar o día reduce a sensación de caos.

Inclúe na túa rutina:

  • Tempo de estudo ou traballo.
  • Descansos curtos frecuentes.
  • Actividades que che fagan sentir ben.
  • Tempo para non facer nada e simplemente respirar.

7. Fala das túas emocións

Expresar o que sentes é un acto de autocuidado.

Podes falar con:

  • Unha amizade de confianza.
  • Un familiar.
  • Un profesional, se o necesitas.

Outros recursos para uns mellores hábitos saúdables

Guía de hábitos saudables (OMS): https://www.who.int/

Apps: Headspace, Insight Timer, Fabulous.

Programas xuvenís locais: consultar servizos municipais.

Para máis información sobre recursos

Deixa un comentario