O teu benestar mental importa. Empeza hoxe a cuidarte
Recursos, asesoramento e apoio para mozos que queren sentirse mellor cada día
Ataques de pánico. Que son e como actuar
Os ataques de pánico son episodios de medo intenso que aparecen de forma súbita. Nesta guía en explicamos que son, como recoñecelos e que facer cando ocorren, ademais de ofrecer recursos útiles para mozos e mozas.
Falamos cun psicólogo especializado na mocidade
Conversamos cun psicólogo especializado en saúde mental na mocidade para coñecer os retos actuais, os sinais de alarma máis comúns e os consellos clave para fomentar o benestar emocional.
Hábitos Saúdables
Os hábitos saúdables diarios teñen un impacto directo na saúde mental. Nesta entrada explicamos como pequenas accións poden mellorar o teu benestar emocional e ofrecerche máis equilibrio na vida cotiá.
Redes Sociais e Saúde Mental: atopar o equilibrio
As redes sociais forman parte do día a día da mocidade, pero o seu uso excesivo pode afectar á saúde mental. Nesta entrada explicamos como inflúen, que riscos existen e como atopar un equilibrio máis saudable.
Encontra guías, consellos e exercicios prácticos para coidar a túa salude mental.
Descubre probas, cuestionarios e exercicios interactivos para o teu bienestar.
Consellos semanais
Coidado emocional
Recoñece as túas emocións, axuda a procesar emocións e pensamentos.
Practica a gratitude: Escribe tres cousas boas do teu día cada día.
Fala con alguén: amigos, familiares ou un profesional.
Estratexias para o estrés
Respiración profunda: Inhala durante 4 segundos, mantén a respiración durante 4 e exhala durante 6.
Atención plena/meditación: De 5 a 10 minutos ao día poden reducir a ansiedade.
Organiza o teu tempo: Divide as tarefas en pasos máis pequenos para evitar sentirte abrumado.
Pausas activas: Levántate, estírate e móvete ao longo do día.
Hábitos físicos
Durme ben: mantén un horario regular de sono e dorme de 7 a 9 horas.
Dieta equilibrada: evita o exceso de azucre e os alimentos procesados.
Exercicio regular: de 20 a 30 minutos de actividade moderada ao día melloran o estado de ánimo.
Hidratación: beber auga dabondo ten un efecto positivo no cerebro.
Relacións sociais
Conecta con persoas positivas: limita as relacións tóxicas.
Participa en actividades: grupos, clubs, voluntariado.
Expresa afecto: dar e recibir apoio fortalece a saúde mental.
Estímulo mental
Aprende algo novo: habilidades, idiomas, afeccións.
Desconexión dixital: dedica tempo a ti mesmo sen redes sociais nin pantallas.
Lectura e creatividade: pintar, escribir ou tocar música axúdache a relaxarte.
Axuda profesional
Psicólogos ou terapeutas: Falar cun profesional non é sinal de debilidade.
Grupos de apoio: Compartir experiencias semellantes pode ser moi útil.
Liñas de axuda: Ten á man os números de emerxencia en caso de crise.